• 2019-09-03 12:43:52
    Cultura y ocio

    Está aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros para nenas e nenos que se impartirán na biblioteca de Muxía na Semana Cultural.
    As prazas son limitadas polo que é importante anotarse canto antes.
    A inscrición pode facerse no Concello de Muxía na oficina da Concelleira de Cultura, Mónica Vilela.
    Os datos dos obradoiros son os seguintes:
    • MARTES 10 DE SETEMBRO. Obradoiro “Mulleres astrónomas” , na biblioteca municipal, ás 17:30 horas. Para nenas e nenos de 4 a 12 anos
    • MÉRCORES 11 DE SETEMBRO. Obradoiro con Anxo Fariña “A cidade violeta”, na biblioteca municipal, ás 17:30 horas. ( nenas e nenos de 6 a 11 anos)

    E antes, o LUNS 9 DE SETEMBRO, teremos un contacontos para o que non é necesario inscribirse(público familiar). Caxoto Contacontos con “Diagnosticando a igualdade” na biblioteca municipal ,ás 17:30 horas.