• 2019-09-30 10:08:06
    Info General

    RECLAMACIÓNS AO CENSO ELECTORAL
    Faise saber a todos os veciños do Concello, que ante as vindeiras Eleccións ás Cortes Xerais 2019 que se celebrarán o vindeiro día 10 de novembro, estarán expostas ao público, nas oficinas do Concello as Listas do Censo Electoral, en horario de oficina, entre os días 30 de setembro e 7 de outubro, a efectos de posibles reclamacións contra os datos contidos nelas.

    O impreso de reclamación facilitarase nas oficinas municipais.

    Recoméndase especialmente a consulta das listas a todos os que cumpriron 18 anos recentemente e a todos os que cambiaron de enderezo nos últimos meses.

    Teléfonos de consulta do Instituto Nacional de Estadística:
    -901 101 900 -981 21 74 26 -981 21 74 39

    Muxía, a 27 de setembro de 2019
    O Alcalde
    Santiago M. Toba Campaña