• 2020-03-14 10:44:21
    Info General

    Santiago Toba Campaña, Alcalde do Concello de Muxía,

    Fai saber

    A Resolución de 13 de marzo da Xunta de Galicia declara a situación de emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia, declarando medidas de protección da poboación así como a suspensión da actividade, durante 14 días, de todos os establecementos aos que se refire o Decreto 124/2019 de Catálogo de espectáculos públicos, entre outros:

    * Cafeterías, bares e restaurantes, podendo exclusivamente prestar servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo no domicilio.
    O peche non afectará a bares e restaurantes localizados en establecementos hoteleiros ou no interior de instalacións de prestación se servizos públicos, sempre que a súa actividade sexa limitada aos clientes aloxados ou aos traballadores das instalacións.
    * Comercios minoristas a excepción dos establecementos comerciais minoristas de alimentación e productos e bens de primeira necesidade.
    * Albergues de peregrinos da rede pública da Xunta de Galicia.
    * Os tanatorios ou calquera instalación asimilada quedará reducida a un tercio da súa capacidade e os cortexos fúnebres quedan reducidos a un máximo de 25 persoas.

    Permanecen pechadas todas as instalacións municipais: Ximnasio, Polideportivo, Biblioteca, E.S.M, etc

    Recoméndase permanecer nos domicilios

    Recoméndase preservar o tel. 900400116 só para chamadas de persoas con síntomas e o 061 oara urxencias sanitarias

    Muxía, 14 de marzo de 2020

    O ALCALDE




    Adjuntos: