• 2020-03-21 14:36:23
    Info General

    O Concello de Muxía, Protección Civil e Policía Local poñen en coñecemento de toda a veciñanza que NON SE FAGAN DESPRAZAMENTOS entre os concellos limítrofes ( Concello de Cee, Concello Vimianzo...) con motivo de aprovisionamento, xa que no noso concello cóntase con este servizo esencial de primeira necesidade.
    É preciso entender este confinamento como medida PREVENTIVA básica e esencial para paliar os efectos desta pandemia global.
    Poñámola en práctica
    #quédatenacasa