• 2020-07-06 12:42:35
    Info General

    O Concello de Muxía convoca unhas axudas dentro do PLAN DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DE MUXÍA COVID-19 que teñen como finalidade paliar os efectos negativos da crise sanitaria do coronavirus sobre o tecido económico e social do noso municipio, así como promover o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e colaborar coas familias para facer fronte aos gastos derivados da escolarización das/dos seus fillas/os, entendendo por tales a compra de material escolar.

    Para optar ao beneficio de bolseiro/a deberán estar empadroados/as no concello de Muxía tanto o/a alumno/a como a persoa solicitante da axuda e convivir no mesmo domicilio.

    O prazo de presentación será de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte desta publicación no BOP (remata o 20 de xullo)

    Poden consultarse as bases na web municipal www.concellomuxia.com, no seguinte enlace:
    https://concellomuxia.com/2020/07/06/anuncio-convocatoria-de-axudas-concello-de-muxia-para-adquisicion-de-material-escolar-curso-20202021/




    Adjuntos: