• 2020-07-07 14:06:42
    Info General

    CO FIN DE FACILITAR O PROCESO INDICAMOS A CONTINUACIÓN OS PASOS A SEGUIR NAS SOLICITUDES DAS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR:
    1. TER A SINATURA ELECTRÓNICA OU CERTIFICADO DIXITAL PARA PODER FACER A SOLICITUDE EN SEDE ELECTRÓNICA - SE NON A TES PODES SOLICITALA NO SEGUINTE ENLACE, SEGUINDO AS INSTRUCCIÓNS QUE VOS DARÁ A PROPIA PÁXINA WEB:
    https://www.sede.fnmt.gob.es/gl/certificados/persona-fisica

    Unha vez solicitado o certificado dixital na páxina referida, hai que ir a autentificalo presencialmente. Para non ter que esperar moitos días a cita debedes chamar por teléfono á Tesourería Xeral de Seguridade Social de Corcubión (tf. 981 70 63 11) e solicitar aí que vos dean vez para ir facer autentificación do Certificado Dixital.

    2. ACCEDER DENDE A WEB CONCELLOMUXIA.COM Á SEDE ELECTRÓNICA E ENTRAR EN “SUBVENCIÓNS” PARA “INICIAR TRÁMITE on line”

    3. Xunto co formulario que vos aparece para cubrir, achegarase telemáticamente a seguinte documentación:
    • Fotocopia do D.N.I/ tarxeta de residente/pasaporte dos pais ou titores.
    • Certificado de número de conta bancaria na que será titular a persoa solicitante

    • Resgardo de solicitude de matricula (Sólo para os rapaces/as de bacharelato que están en centros de fóra do municipio. Os que están en centros do noso concello non teñen que adxuntar a matrícula)
    • Declaración responsable de non ter débedas coas Facendas local, autonómica e estatal. (Este documento non hai que presentalo se ao cubrir a solicitude non te opoñes ao tratamento de consultas entre administracións. Dende o Concello xa solicitamos nós esta información)

    É o noso desexo facilitar a xestión das solicitudes e que todo o mundo poida solictala sen problemas, por elo , para máis información:

    * o vindeiro xoves, 9 de xullo, ás 12 horas haberá unha reunión informativa no Salón do Voluntariado na que poideredes presentar as dúbidas e problemas que haxa.

    * se tedes dúbidas ou necesitades axuda para cubrir a solicitude telemática podedes chamar ao Concello (981742001, preguntar por Viki) en horario de 9:00 a 14:30 horas , o venres ata as 14:00 horas.

    * ademais poñemos ao voso dispor un correo electrónico para dúbidas ou comunicacións dos problemas que teñades para facer todo o proceso de solicitude:
    intervencion@muxia.es