• 2020-09-10 12:03:05
    Info General

    • En breve sairá a lista coas persoas que teñen as axudas de material escolar (as persoas que entregaron toda a documentación, non teñan débedas coas administracións e cumpran os requisitos estarán con toda probabilidade no listado) Tamén se indicará a data límite para entregar as facturas do material escolar adquirido

    • As persoas excluídas por algún motivo, terán dez días para subsanar os erros ou falta de documentación nas súas solicitudes.

    • As compras de material escolar poden facerse xa, se se quere . O material escolar que se inclúe nas axudas é o seguinte:

    · Material funxible (bolígrafos, rotuladores, cadernos, carpetas, lapis, gomas de borrar, afialapis, etc.)
    · Material de debuxo e material musical
    · Mochilas , estoxos e mandilóns escolares
    * NON ENTRAN as mascarillas, que son material sanitario. O suministro de material sanitario corresponde á Xunta de Galicia.

    • As facturas do material escolar deben estar a nome da persoa que solicitou a axuda( nai, pai , titor…), hai que pedilo así nos establecementos nos que fagamos a compra.

    • Ao subir as facturas á plataforma deberá indicarse o nome do rapaz ou rapaza para quen é o material escolar:
    As facturas subiranse na sede electrónica do Concello de Muxía, no apartado ACHEGA DE DOCUMENTACIÓN, logo de cubrir o formulario que aí aparece. Non é necesario indicar o número de expediente, pero si en OBSERVACIÓNS poñer o nome do neno ou nena . Anexionar as facturas e enviar.

    • Se tes máis de un fillo e tes feitas máis de unha solicitude deberás subir independentemente as facturas para cada fillo/a. É dicir, unhas facturas irán para un fillo/a e serán enviadas indicando o seu nome e outras facturas serán para outro fillo/a e deberás subilas a parte e indicando o nome deste outro fillo/a.

    • Se cando se abra o prazo para entregar facturas, tedes problema para subir as facturas á sede electrónica do Concello, podedes chamar ao Concello para que se vos explique o proceso.
    TF: 981 74 20 01

    • Unha vez sexan entregadas as facturas o Concello fará as comprobacións pertinentes e procederá a ingresar os cartos na conta para a que se entregou certificado bancario.