• 2021-07-08 17:27:06
    Info General

    Con motivo da celebración da Proba Ciclodeportiva "Gran Fondo Ézaro - Fin do Camiño 2021" o vindeiro domingo día 11 de Xullo de 2021, veranse afectadas varias estradas que discorren polo noso Concello de Muxía. 

    - estrada da Autoridade Portuaria (zona de Frixe, Loalo, Castro, Nemiña e Touriñán).
    - estrada provincial DP5201 (zona de Viseo, Martineto, Figueroa, Cuño e Lourido).
    - rúas da zona urbana (Avda. Doctor Toba, Ramón Caamaño, Atalaia, Virxe da Barca, Marina e Avda. López Abente).
    - estrada autonómica AC440 (zona de Moraime, Os Muiños, Vilar de Sobremonte, San Martiño, Ozón , Quintáns e Suxo).

    A partir das 09:30 horas a 10:45 horas pode haber cortes puntuais na circulación en todas esas zonas e estradas mencionadas, por onde van circular os 1.000 ciclistas participantes.
    Ademais de 07:00 horas a 13:00 horas queda prohibido o estacionamento de vehículos nas Rúas Ramón Caamaño e Atalaia da zona urbana.

    Para unha maior seguridade, agradécese a vosa colaboración.
    POLICÍA LOCAL MUXÍA