-
Obras Estrada Touriñán.2021-07-13 22:13:36Info General
Con motivo das obras de mellora da capa de rodadura da estrada da Autoridade Portuaria, que discorre entre Touriñán e A Pereira, infórmase que dita estrada permanecerá pechada a circulación do tráfico o mércores 14 e o xoves 15 de xullo de 2021, excepto para os residentes dos lugares de Loalo, Castro, Nemiña, Talón, Moreira e Touriñán.
Habilitarase un percorrido alternativo para chegar a Nemiña e/ou Touriñán.
Os vehículos que se acerquen desde Cee, deben desviarse cara A Toxeira e Bardullas (en Frixe) e Vilachán, despois cara Nemiña.
Os vehículos que se acerquen desde Muxía deben dirigirse cara Vilachán e posteriormente cara Nemiña.
Anticipando as desculpas polas molestias ocasionadas, respeten a sinalizacion.
Policía Local Muxía.