• 2022-11-15 11:54:42
    Cultura y ocio

    Exposición Express Arte: 15 Visións

    O Concello de Muxía acolle ate o 22 de novembro a exposición fotográfica "15 visións – Express-Arte" que se pode visitar na Sala da Camposa (Edificio de Servizos Múltiples municipal), de 11.30 a 13.30 horas.

    É un traballo artístico realizado por 15 mulleres vítimas de violencia de xénero versionando obras de arte recoñecidas na historia, como "A Gioconda", de Leonardo da Vinci, ou "La maja vestida", de Goya. Ditas fotografías ofrecen unha perspectiva diferente baixo o prisma de xénero das realidades que son representadas nesas imaxes.



    Adjuntos: