• 2022-12-24 10:48:03
    Info General


    Con motivo da choiva caída durante o día de onte e esta pasada noite, solicitamos moita prudencia a hora de circular polas estradas do Término Municipal de Muxía. 

    A estas horas hai problemas na Estrada DP2303 (Os Muiños-Cee), DP3403 (Berdeogas-Senande), AC440 (Berdoias-Muxía) e varias estradas Locais como a de Trasufre. Hai carrís con acumulacións de auga e desprendementos.

    Extremen as precaucións. 

    POLICÍA LOCAL MUXÍA

    PROTECCIÓN CIVIL Muxía