• 2023-05-03 10:53:44
    Info General

    Obxecto: Selección de persoal para a provisión, en réxime de laboral temporal, de 5 postos de operarios/as dentro do programa de integración laboral da Deputación da Coruña 2023



    OPERARIO/A CONDUTOR

    Nº PRAZAS: 1

    DURACIÓN DO CONTRATO: 5 meses

    XORNADA: Completa

    CARNÉS ESIXIDOS: Carne de conducir Clase C e C.A.P en vigor

    BASES OPERARIO/A CONDUCTOR






    OPERARIO/A-CONSERXE

    Nº PRAZAS: 1

    DURACIÓN DO CONTRATO: 5 meses

    XORNADA: Completa

    CARNÉS ESIXIDOS: Carne de conducir Clase B

    BASES OPERARIO/A CONSERXE



    OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES

    Nº PRAZAS: 3

    DURACIÓN DO CONTRATO: 3 meses

    XORNADA: Parcial

    CARNÉS ESIXIDOS: Carne de conducir Clase B

    BASES OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES







    Requisitos xerais para todas as prazas: consultar bases

    Requisitos específicos comúns a todas as prazas:

    As persoas a contratar deberán estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo e atoparse nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral :

    • Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.

    • Maiores de 45 anos.

    • Parados de longa duración. Aos efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de un ano como demandantes de emprego. Acreditarase cun infome de períodos de inscrición e informe de vida laboral actualizado

    • Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%. Acreditarase mediante certificado de discapacidade, expedido polo órgano competente.

    • Persoas desfavorecidas que estean nalgunha das seguintes situacións:

      Persoas en situación de drogodependencia. 

      Persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña emprego. 

      Persoas con fogar monoparental. 

      Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.  

      Persoas vítimas de violencia de xénero. 

      Persoas sen fogar. 

    PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 10 (DEZ) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP)

    Anuncio da convocatoria no BOP

    Mais información https://concellomuxia.com/2023/05/03/pel-concellos-2023/

    981 74 20 01