• 2018-02-20 12:47:52
    Info General

    SOLICITUDE TARXETA BENVIDA PARA AS FAMILIAS CON FILLOS/AS NADOS NO 2018

    MANUEL MIRÁS FRANQUEIRA, alcalde do Concello de Oroso
    INFORMA:
    Da axuda económica, a través da Tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados no ano 2018
    CONTÍA DA AXUDA
    Con carácter xeral, a contía total da axuda será de 1.200 € a razón de 100 €/mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla. No caso de adopción o dereito á percepción da axuda producirase desde o mes en que se constitúa a adopción e ata que o neno ou nena faga un ano. A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida para ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación, establecementos de puericultura ou especilizados en artigos e produtos para a infancia.
    Para aquelas familias con renda igual ou inferior a 22.000€ a axuda ampliarase no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena cumpra tres anos.
    PERSOAS BENEFICIARIAS:
    Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018 e cumpran os demais requisitos
    REQUISITOS NECESARIOS:
    1. Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia aportando un certificado de empadroamento conxunto da proxenitor solicitante e do neno ou nena que da dereito a esta axuda.
    2. Que a renda da unidade familiar non supere os 45.000 €. No suposto de que esta contía for superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €.
    3. Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 €, para ter dereito á ampliación da axuda no segundo ano de vida da crianza.

    PRAZO DE PRESENTACIÓN: O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou adopción.
    LUGAR DE PRESENTACIÓN: Departamento de Servizos Sociais. Rúa do Deporte nº 7, Baixo, Sigüeiro, telf: 981688950
    MAIS INFORMACIÓN: Orde do 19 de decembro de 2017, publicado do Diario Oficial de Galicia, núm. 246 do 29 de decembro de 2017.
    Oroso, 5 de xaneiro de 2018