• 2025-02-24 11:27:09
    Info General

    D. JOSE MANUEL CASTRO BLANCO, Alcalde Presidente do Concello de Os Blancos
    FAGO SABER
    Comunícolle a todos os veciños , que a tarifa polo servizo da recollida de Lixo vai aumentar, non por decisión do Concello senón porque asi o decisiu o Goberno Central.
    En vista desto a Xunta asumiu o 60% do incremento.Tendo que facerse cargo do 40% restantes os cidadáns.Como a tarifa é bastante elevada , a Deputación provincial de Ourense , que é entidade na cal esá delegado o servizo de recollida de residuos, pon a disposición de todos os contribuintes a SOLICITUDE DE TAXA REDUCIDA DE IMPOSTO MUNICIPAL DE LIXO.
    Para poder solicitar a axuda ten que comprometerse a:
    1-COMPOSTAXE DOMESTICA:
    Declaración responsable, mais fotografías ou no seu defecto INFORME TECNICO MUNICIPAL FAVORABLE( comprobación técnica por parte da deputación)
    2-PUNTO LIMPO:
    Dous xustificantes do ano anterior,de enterga de residuos en calquera Punto Limpo da Deputación de Ourense
    A TARIFA POLO SERVIZO QUEDARIA ASÍ:
    TARIFA NORMAL: 79,93€
    TARIFA REDUCIDA POR COMPOSTAXE:55,95€
    TARIFA REDUCIDA PUNTO LIMPO:71,94€
    COMPOSTAXE E PUNTO LIMPO: 47,96€

    SOLICITUDES:
    -Nas dependencias Deputación Provincial (8:30 a 14:30 horas)
    -Concello
    -Sede electrónica da Deputación
    As presentadas do 1 de marzo o 31 de decembro deste ano producirán efecto o ano seguinte da solicitude.
    As solicitudes presentadas antes o 1 de marzo do 2025 terán efecto este ano.
    Asinado eletronicamente.