• 2026-10-05 08:51:30
    Info General

    BANDO DE ALCALDIA

    D. José Manuel Castro Blanco, Alcalde Presidente do Concello de Os Blancos

    FAGO SABER

    Que, con data 1/10/2026, a persoa encargada do Rexistro Civil deste municipio presentou a súa renuncia ao cargo, a cal foi debidamente comunicada ao Concello e á autoridade competente.

    Como consecuencia desta renuncia, e ata que se proceda ao nomeamento dunha nova persoa encargada ou se estableza o correspondente sistema de substitución, o servizo de Rexistro Civil non poderá ser prestado neste Concello, quedando suspendida temporalmente a atención ao público para todos os trámites propios deste órgano. Estimándose un prazo de 1 mes para a normalización do servizo

    En Os Blancos a 1 de outubro de 2026
    O Alcalde