• 2020-05-12 16:50:08
    Servicios Sociales

    Que a Deputación de Ourense sacou o Programa BenOurense ComerciOu de
    subvencións de emerxencia social polo COVID-19, que consistirá no envío de una
    tarxeta ó domicilio para realizar compras no "comercio local" cunha cuota mesual de
    100 euros hasta un máximo de 300 euros para persoas físicas que estean en situación
    de vulnerabilidade social.
    Os requisitos dos beneficiarios serán:
    - Ter cumpridos os 18 anos de idade.
    - Ter dificultade para atender as súas necesidades básicas, e dicir :
    Aquelas persoas que durante o mes anterior ao da solicitude non tiveron
    ingresos suficientes para atender as necesidades para as que agora precisan
    esta axuda, ou aquelas persoas que están nesta situación como consecuencia
    do estado de alarma declarado polo Goberno da Nación ante a crise sanitaria
    pola pandemia do COVID-19.
    - Que a persoa solicitante está nalgunha das situacións de emerxencia seguintes:
    - Pertence a algún colectivo de vulnerabilidade estrutural.
    - Pertence a un colectivo de vulnerabilidade conxuntural por causa do COVID -
    19.
    - Pertence a un colectivo de vulnerabilidade conxuntural por outras causas
    (situación de perda transitoria de emprego, situacións de forza maior.)
    - Que ningunha persoa integrante da unidade de convivencia da que forma
    parte a persoa solicitante tramitase outra axuda ao abeiro desta convocatoria.
    O prazo de presentación de solicitudes é ata o 30 de novembro de 2020.
    Para mais información e presentación das solicitudes chamar o teléfono do
    Concello de Os Blancos 988 46 75 67 (mércores ou venres, Traballadora Social)