-
CORRECCION IMPACTOS PAISAXISTICOS2022-01-20 12:43:47Info General
D. JOSE MANUEL CASTRO BLANCO, alcalde do concello de Os Blancos,
FAGO SABER
Que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sacou unha subvención para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos (código de procedemento MT402A).
As actuacións subvencionables son:
- Revestimento e pintado de paramentos cegos de fachada que actualmente estean rematados con materiais ou solucións construtivas non axeitadas para quedaren á vista, como fábrica de ladrillo, de bloques de formigón, formigón ou morteiro de cemento.
- Renovación do acabamento dos paramentos cegos de fachadas, carpintarías ou cerrallarías exteriores, que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia do deficiente estado de conservación ou da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabamento.
- Remate ou renovación do acabado exterior de cubertas que, ben por estar rematadas con pranchas de fibrocemento ou solucións construtivas non axeitadas para quedaren á vista, ben por atoparse nun deficiente estado de conservación, constitúen un impacto paisaxístico.
- Revestimento de muros de cerramento de predios realizados con ladrillo ou bloques de formigón, sen revestir.
- Recuperación, restauración ou arranxo de muros de pedra tradicionais, co obxecto de evitar o potencial impacto paisaxístico que produciría a súa perda, así como o que produce o seu mal estado de conservación
Todos estes adaptadas aos criterios da Guía de cor e materiais de Galicia.
O importe da subvención será do 70 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000 €.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 20 de febreiro de 2022 ou ata que se esgote o orzamento
Os Blancos, a 20 de xaneiro de 2022
O ALCALDE
Jose Manuel Castro Blanco