• 2022-11-02 13:31:26
    Info General


    D  JOSE MANUEL CASTRO BLANCO, alcalde presidente  do  Concello  de  Os Blancos,
     FAGO SABER
    Que tendo constancia da existencia de inmobles dentro dos núcleos urbanos do concello  que poden considerarse que están en situación ruína, e que constitúen un risco para a seguridade de tódolos veciños pola posible caída de paredes e tellados.

     

    Lembrarse a tódolos propietarios de inmobles do concello que presenten riscos que teñen a obriga de realizar obras de reparación necesarias para garantir a súa seguridade, ou se procede, a demolición de dito inmoble.

     

    Existe a obriga de evitar desprendementos de paredes e tellados, ou que se produzan filtracións en paredes medianeiras.

     

    En caso de non realizar as obras necesarias, o Concello de Os Blancos, poderá iniciar expediente de execución forzosa, que no caso de non atenderse polo propietario do mesmo poderá dar lugar a imposición de multas de acordo co Titulo XI da Lei 7/1985, de bases de réxime local que están estipuladas en:

     

    Infraccións moi graves: ata 3.000 euros.

    Infraccións graves: hasta 1.500 euros.

     Infraccións leves: hasta 750 euros.

     

    Os Blancos, a 2  de Novembro  de 2022

     

       O ALCALDE

    José Manuel Castro Blanco