• 2023-10-20 14:26:24
    Emprego


    PROGRAMA #DESCUBREGALICIAEN OUTONO A TRAVÉS DE BONOS TURÍSTICOS 2023

    OBXECTIVO: Incentivar a demanda do sector

    ACTIVIDADE SUBVENCIONABLE: Subvencionaranse os servizos que presten os establecementos hoteleiros, apartamentos turísticos, vivendas turísticas, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues da Comunidade Autónoma de Galicia consistentes nunha estancia mínima dunha noite nos ditos aloxamentos turísticos. Quedan expresasmente fóra do programa as vivendas de uso turístico.

    Son tamén subvencionables os paquetes turísticos que oferten as axencias de viaxes.

    BONO TURÍSTICO:

    Cada bono terá a consideración de bono descontó por valor de 100€, para gastar nos aloxamentos realizados nos establecementos de aloxamento turístico e axencias de viaxes adheridos, que se irá reducindo, ata o seu esgotamento, en función do valor do gasto, dacordo co seguinte criterio: descontó 40% do gasto realizado hasta un máximo de desconto de 100 euros. Todas as cuantías entendense co IVA incluido.

    Os bonos estarán dispoñibles para os usuarios desde as 9:00 horas do día 27 de outubro ata o 15 de decembro de 2023, ou ata esgotamento do crédito. A súa validez extenderase ata o 25 de decembro de 2023, e pode descargarse na seguinte páxina web: https://www.bonoturismo.gal/

    ALOXAMENTOS TURÍSTICOS E AXENCIAS DE VIAXES QUE QUEIRAN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA: desde hoxe día 20 de outubro  e ata o 1 de decembro de 2023, os establecementos poderán solicitado na web https://www.bonoturismo.gal/

    Requisitos para poder adherirse:

    -Estar de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT)

    FUNCIONAMENTO DOS BONOS:

    -       Para canxear os bonos e poder aplicar os descontos os establecementos adheridos terán que descargar no seu móvil a APP corespondente, no momento do pago, o terán que introducir nesa APP o importe e concepto da venda, aparecendo automáticamente o importe a cobrar (aplicado xa o desconto ao cliente). Pola sua parte, o usuario deberá mostrar o bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final do gasto realizado.

    INFORMACION:

    https://www.bonoturismo.gal/ 

    Nos teléfonos 981-546358  e 981-546420

    No enderezo electrónico: xurídico.turismo@xunta.gal