- 
									BASES SELECCIÓN DIRECTOR/A, MONITORES E ADMINISTRADOR/A DO OBRADOIRO DE EMPREGO TERRAS DO SOR VII2023-10-27 14:25:56Emprego
 Están expostas as bases de selección do director/a, persoal docente e administrador/a do obradoiro dual de emprego Terras do Sor VII que comezará a funcionar nos próximos días e que agrupa os concellos de Muras, Ourol e O Vicedo.
 
 Os postos convocados son:
 
 - 1 director do obradoiro
 
 - 2 monitores/as de carpintaría de madeira
 
 - 1 monitor/a sociosanitaria
 
 - 1 administrador/a a media xornada
 
 Selección: A selección de todos estos postos será os seguintes días no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de O Vicedo e co seguinte horario :
 
 - Director: 13 de novembro ás 9:30 horas
 
 - Administrador/a: 13 de novembro ás 10:30 horas
 
 - Monitor/a de atención sociosanitaria: 13 de novembro ás 11:30 horas
 
 - Monitores/as de carpintaría de madeira: 13 de novembro ás 12:30 horas
 
 Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
 
 As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es
 
 
 
 
 
