-
XUNTOS POLO NADAL2023-11-20 08:48:48Servicios Sociales
A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, organiza este programa destinado ás persoas maiores que se atopen soas nas datas de Nadal, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
O prazo de presentación de soliciutudes estará aberto ata o día 8 de decembro de 2023 (incluído)
Este programa levarase a cabo entre o día 24 de decembro de 2023 e o día 7 de xaneiro de 2024 en dúas quendas de 8 días cada unha (7 noites).
O programa comprende os seguintes servizos:
- Estancia na residencia durante 15 días (14 noites).
- Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa. Só se autorizará o aloxamento en habitacións individuais previo informe médico que acredite a súa necesidade.
- Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.
- Actividades de animación sociocultural.
A recollida das persoas participantes efectuarase o día 24 de decembro pola tarde e a volta o día 7 de xaneiro despois do almorzo.
Para máis información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamar ós teléfonos 982559109/677489457.
Adjuntos: