-
ACCESO Á CONEXIÓN A REDE DE FIBRA ÓPTICA EN OUROL2023-11-30 13:49:51Info General
O Concello de Ourol informa aos veciños que a empresa ADAMO encargada de instalar o acceso á fibra óptica no Concello de Ourol, comunicou que xa é posible acceder aos servizos de fibra optica nos seguintes lugares das parroquias de Merille e Ourol:
O Outeiro - Cerdido - Borreiros - Barces - O Vilar - Leborada - Viladóniga - Loibán - Polideportivo de Ourol - Macedo - Ourol (zona travesía) - Chao de Ourol - A Igrexa
Para recibir información e/ou contratar os productos, ADAMO dispón da ferramenta ¡Hola vecino! onde a través dun formulario que se pode cubrir na web da empresa e que permite a empresa avisar ao interesado en canto a fibra chegue ao seu fogar.
Asi mesmo en adamo.es ou no telefono 1600 o cliente tamén pode recibir información.
Máis información:
Contacto para particulares: 900-651765 ou no correo: info@adamo.es