-
CAMPAÑA DÍA MUNDIAL DA SIDA: QUE LIDEREN AS COMUNIDADES2023-12-01 08:47:53Servicios Sociales
Con motivo da conmemoración do Día Mundial da SIDA, o concello de Ourol únese ó chamamento de ONUSIDA, a axencia de Nacións Unidas para a SIDA, para que neste día se recorde a importancia da pandemia polo VIH no mundo.
Cada ano, o 1 de decembro, o mundo conmemora o Día Mundial da Sida. Ese día xente de todo o mundo únese para apoiar ás personas que viven co VIH e recordar ás que faleceron por enfermidades relacionadas coa sida.
Cada Día Mundial da Sida xira en torno a un tema diferente. No 2023 o lema é Que lideren as comunidades. Dado que o cambio non depende dun momento, senon dun movemento, a mensaxe «Deixemos que as comunidades lideren» non só soará un día.
O tema deste ano incorpora toda unha lista de desafíos sobre os que o Día Mundial da Sida alertou en todo o mundo. Establecido en 1988, o Día Mundial da Sida foi o primeiro día adicado á saúde en todo o mundo. Dende entón as axencias das Nacións Unidas, os Gobernos e a sociedade civil reúnense cada ano para loitar en determinadas áreas relacionadas co VIH.
O concello de Ourol quere participar na difusión da Campaña que ten como obxectivo que a sociedade no seu conxunto tome conciencia de cómo o VIH afecta á vida das persoas, para que deste xeito podamos poñer fin ó estigma e á discriminación, e consigamos mellorar a calidade de vida das persoas que viven co VIH.
Instalaranse dúas mesas informativas, unha na Casa consistorial e outra na Casa da Cultura, con material divulgativo e de prevención.
Adjuntos: