-
AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS DESTINADAS A PARTICULARES 20242024-01-15 12:39:06Emprego
AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS DESTINADAS A PARTICULARES
OBXECTO:
Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:
a) Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.
b) Remate, renovación e/ou substitución do acabamento exterior de cubertas
c) Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos
REQUISITOS:
Poderán ser beneficiarios desta subvención as persoas físicas titulares dun inmoble ou ben sobre o que pretendan realizar algunha/s das actuacións subvencionadas.
Só caberá presentar unha solicitude por persoa. Cada solicitude poderá conter varias actuacións.
A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuacións e deberá acreditar a súa plena dispoñibilidade.
GASTOS SUBVENCIONABLES:
- Gastos necesarios para a axeitada execución das actuacións subvencionadas
- Gastos correspondentes a honorarios facultativos pola redacción dos proxectos técnicos.
- Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente.
CONTÍA DA SUBVENCIÓN:
O importe da subvención será do 70% do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000 € por solicitante e ben.
PRAZO E SOLICITUDES:
Ata o 15 de febreiro de 2024, ou ata o esgotamento do crédito, téndose en conta a orde cronolóxica de entrada das solicitudes.
INFORMA:
Resolución do 28 de novembro de 2023 do Instituto de Estudos do Territorio (DOG nº 10 de data de 15/01/2024)
Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109