-
LLEGA700: NOVOS SERVIZOS 4G E 5G NO CONCELLO DE OUROL2024-01-15 13:44:36Info General
Tras a posta en funcionamento do servizo de telefonía móvil de nova xeración (4G e 5G) neste concello, podían producirse afectacións na recepción dixital terrerestre (TDT).
Para solucionar estas afectacións e garantir que a posta en servizo das estacións base de telefonía móvil non afecte a TDT, a entidade LLEGA700 leva a cabo actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT. Estas actuacións son de carácter gratuito para os cidadáns afectados.
O prazo para solicitar as actuacións en caso de afectación por parte dos usuarios de TDT é de 6 meses desde a data de posta en servizo das estacións de telefonía móvil.
Informase a todos os veciños que poideran estar afectados que o próximo día 31-01-2024 finalizará definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuitas, por parte dos usuarios da TDT, polas posibles afectacións ocasionadas polos nodos de 4G e 5G.
Para mais información poden chamar ao teléfono gratuito 900 831902 donde se lles facilitará toda a información referente as posibles afectacións ocasionadas por estacións base de telefonía móvil neste concello ou tamén no 900 833999