• 2024-02-14 13:09:17
    Servicios Sociales

    Dende o Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de Familiares de persoas con Alzheimer e outras demencias de Viveiro, vaise a levar a cabo un CURSO PARA PERSOAS COIDADORAS DE PERSOAS CON DEMENCIA.
    Esta actividade terá lugar os días 5 e 6 de marzo de 2024 no Edificio Multiusos do Concello en horario de 16:00 a 20:00 horas.
    Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamando ó teléfono 982559109/677489457



    Adjuntos: