- 
									ESTADÍAS PARA FAMILIAS NAS RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE: PANXÓN E CARBALLIÑO2024-04-11 11:57:20Servicios SocialesHoxe sae publicado no DOG a convocatoria de prazas para estadías de familias en Residencias de tempo libre (DOG. num 71 de 11 de abril de 2024)
 OBXECTO:
 Trátase dun programa de estadías para familias nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense) que inclue aloxamento e mantemento en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea, cun menú único) durante 6 noites.
 
 Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar a formada pola/s persoa/s adulta/s e, de ser o caso, as fillas e os fillos e persoas maiores que convivan de xeito permanente ou temporal, coa persoa solicitante.. Asimesmo, terán a consideración de fillos e fillas as persoas en situación de garda con fins adoptivos e en acollemento familiar.
 CUSTE POR PERSOA E DÍA: Dende 23,81€ a 37,26€ dependendo de si a tempada é baixa-media-alta ou se os cuartos son individuais ou compartidos. Aplícanse descontos para determinadas circusntancias (nenos menores de 12 anos: 50% ; familias numerosas: 30%; discapacidade:10%; persoas maiores de 60: 10%; vitimas de violencia de xénero: 50%
 ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: Por orde de presentación da solicitude (con prioridade para as familias de especial consideración: numerosas, monoparentais, acolledoras, vítimas de violencia de xénero)
 DATAS DAS ESTADÍAS: Anexo III da orde de convocatoria
 Residencia de Panxón:
 XULLO: do 9 ao 15; do 17 ao 23; do 25 ao 31
 AGOSTO: do 2 ao 8; do 10 ao 16; do 18 ao 24
 AGOSTO-SETEMBRO: do 26 de agsoto ao 1 de setembro
 SETEMBRO: do 10 ao 16; do 18 ao 24.
 SETEMBRO-OUTUBRO: do 26 de setembro ao 2 de outubro.
 Residencia O Carballiño:
 XUÑO: Do 24 ao 30
 XULLO: do 24 ao 30
 AGOSTO: do 1 ao 7; do 9 ao 15; do 17 ao 23; do 25 ao 31
 SETEMBRO: do 2 ao 8, do 10 ao 16; do 18 ao 24
 SETEMBRO-OUTUBRO: do 26 de setembro ao 2 de outubro.
 
 Para máis información poden dirixirse ó departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982559109/677489457)
 
