• 2024-04-30 14:17:48
    Info General

    Desde o Concello de Ourol informamos que a Dirección General de Catastro puxo en marcha unha app denominada: Catastro_app, que facilita o seguinte:
    .- Avisos catastrais: coñecer ao instante as alteracións catastrais que poden afectar aos inmobles do usuario
    .- Ubicación GPS: O usuario pode ubicarse co móbil e situar sobre o territorio as parcelas deste usuario, gardando a información que necesite (fotografías, croquis e anotacións).
    .- Xestión de inmobles: Reunir toda a información catastral dos seus inmobles no móbil.
    .- Valor das terras: Consultar o valor das terras, dos cultivos ou aproveitamentos más representativos en cada zona.


    Esta aplicación está dispoñible en App Store e en Google Play ou Play Store