• 2024-05-08 14:06:05
    Info General

    DON JOSÉ LUIS PAJÓN CAMBA, ALCALDE – PRESIDENTE DO CONCELLO DE OUROL, PROVINCIA DE LUGO
    FAI SABER


    Que o día 20 de maio de 2024, contaremos coa presenza da Oficina Móbil do programa ACELERA PYME, posto en marcha pola Deputación de Lugo, na Praza do Concello, ás 17:30 horas.


    Se eres AUTÓNOMO, ou propietario dunha PYME e precisas de impulsar a dixitalización do teu negocio, achégate á Oficina Móbil Acelera Pyme. Alí, contarás có asesoramento dos dinamizadores dixitais, podendo programar as citas presenciais ou telemáticas que precises para unha consulta individualizada.

    Algúns dos servizos gratuítos do programa Acelera Pyme son os seguintes:


    • Servizo de acompañamento dixital individual e personalizado.

    • Análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa.

    • Apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio.

    • Consultoría en marketing dixital (redes sociais, e-mail marketing, publicidade…)

    • Apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.


    Adjuntos: