-
TARXETA MOEDEIRO BÁSICA 20242024-06-07 12:52:19Servicios Sociales
Trátase dun programa para ofrecer productos de alimentación e outros productos de primeira necesidade a familias con menores a cargo en condicións de extrema vulnerabilidade económica.
Este programa está financiado co Fondo Social Europeo Plus a través do Ministerio de Dereitos Sociais. A xestión do programa realízase a través de Cruz Roja Española que será a entidade encargada de expedir as tarxetas moedeiro.
Para a solicitude de inclusión no programa deberán dirixirse ó departamento de Servizos Sociais do Concello onde realizarán a valoración da situación de vulnerabilidade económica da familia e posterior derivación a Cruz Roja no caso de cumplir os requisitos.
O importe que recibirán as familias nas tarxetas dependerá do nº de membros da unidade de convivencia:
- 2 membros (1 adulto e 1 menor)...130€/mes
- 3 membros .....................................160€/mes
- 4 membros......................................190€/mes
- 5 ou máis membros........................220€/mes
Para máis información poden dirixirse ó departamento de Servizos Sociais do Concello (982559109/677489457)