• 2024-06-26 09:37:08
    Servicios Sociales

    Publicadas no DOG  nº122 de 25 de xuño de 2024 (Orde do 13 de xuño de 2024)



    OBXECTO: Prestar apoio ás necesidades que van xurdindo na evolución da esclerose lateral amiotrófica ou dos seus fenotipos e reforzar a cobertura existente na actualidade a través do Sistema para a autonomía e atención á dependencia.
    CONTÍA DAS AXUDAS: Pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións subvencionables, cun máximo de 12.000 euros por persoa beneficiaria.
    PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: Do 26 de xuño ao 15 de novembro de 2024.

    GASTOS SUBENCIONABLES: Serán subvencionables os seguintes gastos de investimento, no caso de non estaren cubertos polo Sistema público de saúde ou mutualidade correspondente:
    - A adquisición de produtos de apoio necesarios por mor da ELA ou dos seus fenotipos.

    - Adquisición de produtos de hixiene e aseo persoal segundo o Catálogo de produtos de apoio do Centro de referencia estatal de autonomía persoal e axudas técnicas
    - Adaptación funcional do fogar e da súa contorna
    - Adquisición de vehículo adaptado ou adaptación deste.
    PERSOAS BENEFICIARIAS. Poderán solicitar as axudas económicas as persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da súa solicitude:

    1. Ter feitos os 18 anos.
    2. Estar empadroado nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima de 6 meses con anterioridade á presente convocatoria das axudas.
    3. Estar diagnosticadas da enfermidade da ELA ou calquera dos seus fenotipos.
    4. Ter recoñecida a situación de dependencia ou ter solicitado o seu recoñecemento con anterioridade á presentación da solicitude.
    Para máis información poden dirixirse ó  Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982559109)