-
OFERTA EMPREGO: PERSOAL PARA A BRIGADA DE INCENDIOS 20242024-07-22 09:55:53Emprego
Próximamente abrirase a convocatoria para a selección de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais no Concello de Ourol.
Os postos a cubrir son:
- Un Xefe de Brigada de Incendios, tres meses a xornada completa
- Un Peon Conductor de Incendios, tres meses a xornada completa
- Tres Peons de Brigada de Incendios, tres meses a xornada completa
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 23 ao 30 de xullo de 2024 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao teléfono 982-559109.
As bases están expostas na sede electrónica do concello de Ourol, podéndose consultar no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es