• 2024-09-02 13:47:59
    Servicios Sociales

    O Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación BUMEI, oferta varias actividades formativas a levar a cabo  no ultimo trimestre do ano.

    Estas actividades non teñen custo económico para as persoas participantes e levaranse a cabo nalgunha instalación municipal (Edificio Multiusos ou Casa da Cultura).

    - MOTIVACIÓN E AUTOESTIMA (ENTRE 2-4 HORAS)
    - FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS (Entre 10 e 40 HORAS)
    - CURSO DE CARRETILLERA (ENTRE 10 E 20 HORAS)
    Para a realización de calquera das actividades formativas debemos contar cun mínimo de 5 persoas. Unha vez feitos os grupos será cando se decidan as datas e horarios. 
    Para anotarse en calquera das actividades formativas ou ter máis información poden contactar co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol 982559109/677489457