• 2025-02-28 13:33:16
    Info General

    Dende o Concello de Ourol queremos informar de que se ten coñecemento de que unha persoa está indo polos domicilios do concello ofrecendo facer o bono social eléctrico e solcitando documentación  como a factura eléctrica. Recordamos que para solicitar o bono social eléctrico debe poñerse en contacto coa súa compañía eléctrica ou ben acudir ó departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol. En ningún caso se realizan visitas a domicilio para elaborar este tipo de trámites.

    Agradecemos a máxima difusión.