• 2025-03-21 11:22:37
    Info General


    O alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, reclama por carta ó conselleiro de Sanidade a cobertura definitiva da praza de médico para Ourol.

    Extracto da carta remitida ó conselleiro:

    “Estimado Conselleiro:

    Decatados da xubilación do médico titular do Centro de saúde de Ourol desde o Concello de Ourol queremos solicitarlle que dita praza sexa cuberta definitivamente o antes posible a xornada completa, pois nestes momentos cóbrense algún días da semana  durante catro horas e non se realizan visitas a domicilio ni se atenden urxencias que se derivan ó PAC de Viveiro.

    Quero informarlle que este Concello ten unha extensión importante de 146 km2 con núcleos de poboación moi dispersos e unha poboación envellecida onde o 50%  son maiores de 65 anos, polo que a asistencia médica si cabe, se fai máis necesaria.

    Esperamos que este petición sexa atendida por ser xusta e moi necesaria dadas as características da poboación deste concello.”

    A carta e a noticia pódense consulta na Voz de Galicia no seguinte enlace:

     https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/ourol/2025/03/20/alcalde-ourol-reclama-carta-consellei...