• 2025-04-30 14:16:47
    Info General


    O Concello de Ourol informa a todos os veciños e veciñas que dispoñan de liña de teléfono fixo e vaian sufrir o corte do subministro pola desaparición da liña de cobre, que poden acudir ás dependencias municipais para informar da situación. As persoas afectadas deben aportar os seguintes datos:
    • Nome e apelidos do titular da liña.
    • Número do teléfono fixo afectado.
    • Número de móbil no que poder contactar no caso de ser necesario.

    Para calquera información relacionada con este tema poden contactar no teléfono 982 55 91 09