• 2025-05-06 09:20:17
    Info General

    Detectouse un erro nos horarios publicados onte, aquí vos deixamos os novos horarios :

    O próximo sábado 10 de maio vai ter lugar o VII Rallye Mariña Lucense no noso concello. Os horarios e as vías afectadas son os seguintes:
    1. ESTRADAS AFECTADAS: tramo de Vilares (Saída), Os Xuncás, Porcado O Cargadorio, cruce carretera de Grandal ó Chao da Roca (LU-3810). Baixada ós muíños de Rey e remate en Macedo, diante da Cámara Agraria (LU-3801). Consultar mapa adxunto.
    2. HORARIOS DE CORTE DAS ESTRADAS: Sábado día 10 de maio de 8:30 h a 17:00 h.
    3. HORARIO DE INICIO DE CADA MANGA: primeira pasada ás 9:45 h e segunda pasada ás 13:30 h.

    Para calquera dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto no seguinte teléfono: 639488376 (Protección Civil de Ourol)