• 2025-05-20 11:48:56
    Emprego


    A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vai abrir próximamente o prazo para a solicitude dos Bonos Activa Comercio do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas

    OBXECTO:

    Incentivar a demanda comercial axudando económicamente as persoas consumidoras a fomentar o cunsumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña.

    COMERCIOS MINORISTAS QUE PODEN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA DE BONOS:

    No prazo que vai do día 20/05/2025 ata o 15/12/2025, os establecementos comerciais minoristas interesados poderán solicitalo na web https://bonosactivacomercio.gal.

    Requisitos para poder adherirse:

    -          Desenvolver a súa actividade comercial en Galicia.

    -          Ser empresarios autónomos ou pequenas e medianas empresas.

    -          Estar de alta nalgún dos epígrafes do IAE que aparecen na orde publicada no DOG nº 94 de 19/05/2025.

    CONDICIÓNS DE USO DOS BONOS:

    Para a solicitude e obtención dos bonos, cada usuario deberá darse de alta previamente na web https://bonosactivacomercio.gal e indicar a seguinte información: Nome e apelidos, Localidade de residencia, Maioría de idade, DNI, Tfno móvil, Correo electrónico.

    Cada persoa beneficiaria disporá dun único bono que poderá ser usado nun ou en varios comercios retallistas adheridos ao programa.

    Cada bono terá un valor de 30 €. En función do importe das compras, poderán obter os seguintes descontos:

    -          Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.

    -         Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.

    -          Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 € (IVE incluído).

    A validez dos bonos estenderase ata a finalización do período previsto nas correspondentes ordes de convocatoria de cada unha das edicións do programa

    DATA DE ACTIVACIÓN DOS BONOS:

    Os bonos estarán disponibles na web https://bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias durante o período de tempo previsto nas correspondentes ordes de convocatoria da cada unha das edicións do programa.

    O programa Bonos Activa Comercio estará vixente ata o 31 de decembro de 2025

    INFORMA: 

    Orde do 30 de abril de 2025 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (DOG nº 94 de data de 19/05/2025)

    Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109