• 2025-06-09 10:27:11
    Servicios Sociales

    O concello de Ourol organiza un ano máis a Ludoteca de Verán dirixida a rapaces e rapazas de 4 a 12 anos de idade. Levarase a cabo durante os meses de xullo e agosto en horario de 10:30 a 13:30. Contarase cun servizo de conciliación dende as 8:30 e ata as 14:00 para aquelas familias que, por motivos de conciliación laboral, necesiten dispor deste servizo (para máis información sobre este servizo deben contactar coa Casa da Cultura ou no teléfono 982559019). O prazo de inscrición permanecerá aberto do 10 ao 16 de xuño de 2025. Para máis información e inscricións poden dirixirse ó departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982559019/677489457)



    Adjuntos: