• 2025-07-02 11:40:47
    Emprego


    OFERTA EMPREGO CONCELLO DE OUROL:

    1 AUXILIAR DE FOGAR. XORNADA PARCIAL (75 %)

    1 AUXILIAR DE FOGAR. XORNADA COMPLETA

     

    Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante oposición de dous/dúas auxiliares de fogar, unha a xornada completa e outra a xornada parcial (75 %)

    Tipo de contrato e duración: Contrato de traballo temporal por circunstancias da producción e a súa duración será o período comprendido entre o 4 de agosto de 2025 e o 30 de xaneiro de 2026

    O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 7 ao 11 de xullo de 2025 (ambos inclusive)

    Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.

    As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es