• 2025-08-19 11:42:21
    Emprego


    CONTÍA DA AXUDA:

    O importe da axuda será de 150 € para a obtención do permiso de conducción de clase A2 e de 400 € para o permiso de condución de clase B.

    PERSOAS DESTINATARIAS:

    Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos:

    -          Ter feitos os 18 anos de idade e non ter feitos os 31.

    -          Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunah antigüidade mínima dun ano.

    -          Non estar traballando por conta propia nin allea

    -          Ter aprobado o/os permisos de conducir para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de outubro de 2024 e a data de presentación da solicitude.

    -          Que a suma dos ingresos anuais dos membros da unidade familiar sexa igual ou inferior a cinco veces o IPREM de 2025, no seu cómputo anual, incluíndo dúas pagas extras.

    SOLICITUDES:

    As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos adxuntando a seguinte documentación:

    -          Anexo I de solicitude

    -          Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido.

    -          O/s certificado/s de empadraomento histórico que acredite/n a antigúidade mínima.

    -          Certificación literal de nacemento de cada persoa membro da unidade familiar ou libro de familia

    -          Acreditación da relación matrimonial ou análoga á conxugal, de ser o caso.

    -          Certificación da AEAT de non ter a obriga de declarar, se é o caso.

    -          Anexo II, de comprobación de datos de terceiras persoas cando forme parte de unidades familiares compostas por máis dun membro.

    PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

    O prazo comezará o 25 de agosto de 2025 ás 9:00 horas ata o día 25 de setembro de 2025 ás 20:00 horas, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario disponible.

    INFORMA: 

    Orde do 8 de agosto de 2025 da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (DOG nº 157 de data de 19/08/2025)