• 2025-09-16 10:44:37
    Servicios Sociales

    A Deputación Provincial de Lugo pon en marcha no noso Concello o programa "PARA DIXITALIZARSE LUGO". Esta iniciativa para achegar as competencias dixitais á poboación da provincia de Lugo, especialmente nos municipios de menos de 5.000 habitantes.
    As accións formativas que se van levar a cabo no noso Concello son: 
    - O TELÉFONO MÓBIL. PRIMEIROS PASOS
    - SINATURA DIXITAL/CH@VE 365/ CERTIFICADOS VAIRIOS, APLICACIÓNS DE SERGAS, FACENDA, ACTUAR ANTE AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS, SEDE ELECTRÓNICA
    - FINANZAS ONLINE. BIZUM, BANCA ELECTRÓNICA
    - CIBERSEGURIDADE
    O primeiro curso que imos levar a cabo no Concello é o do "TELÉFONO MÓBIL. PRIMEIROS PASOS".

    Ten unha duración de 20 h e terá lugar no Salón de Plenos do Concello os martes e mércores en horario de 10:30 a 12:30 dando comezo o día 1 de outubro e rematando o día 30 de outubro.
    Para máis información e anotarse debe acudir ó Departamento de servizos sociais ou chamar ó teléfono 982559109/677489457.
    Para formalizar a solicitude é preciso aportar o DNI e a tarxeta de demandante de emprego de ser o caso.

    PRAZO PARA INSCRIBIRSE: Ata o 24 de setembro