• 2025-10-14 12:01:27
    Emprego


    OBXECTO:

    Apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacions e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos para subministración en vivendas ou inmobles de carácter residencial.

    PERSOAS BENEFICIARIAS:

    -          Persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial.

    -          Sociedades patrimoniais de tenza de valores inmobiliarios ou de arrendamento de inmobles.

    -          Comunidades ou mancomunidades de veciños.

    ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES: Son actuacións subvencionables:

    -          Os paneis solares fotovoltaicos.

    -          O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadro eléctricos, elementos de interconexión, protección, cables, equipamentos de medidas, etc), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc) e sistemas de acumulación con baterías de litio.

    -          O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.

    -          O custo de montaxe e conexionado e a dirección de obra.

    -          IVE, cando non sexa recuperable.

    CONTÍA DA AXUDA:

    A contía da axuda será do 50 % da inversión elixible da instalación.

    A axuda máxima por vivienda:

    Paneis solares: 4.000 €

    Baterías: 2.000 € adicionais

    En proxectos de multivenda a axuda máxima será de 25.000 €

    As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se permite a tramitación electrónica.

    PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: Do 31 de outubro de 2025 as 09:00 horas ata o 1 de decembro de 2025

    INFORMACION: Resolución do 30 de setembro de 2025 da Axencia Instituto Enerxético de Galicia. (DOG nº 198 de data de 14/10/2025).  Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109