-
ENCONTRO DE MAIORES 20252025-11-04 11:35:52Servicios SocialesDende o Concello de Ourol estase a organizar un Encontro de Maiores para persoas de máis de 55 anos empadroadas no Concello de Ourol. Terá lugar o domingo 30 de novembro no Restaurante Louzao (Viveiro) ás 14:00 horas. Este encontro consistirá nunha COMIDA amenizada con música en directo e sorteo sorpresa.
Poderán acudir as/os cónxuxes que non estén empadroadas/os aboando o importe da entrada. Tamén poderán acudir as/os cónxuxes empadroadas/os que non reunan o requisito de idade aboando o prezo da entrada.
As persoas dependentes poderán acudir cun acompañante.
Todas as persoas asistentes deberán recoller a súa entrada nas dependencias municipais.
Prezo: Gratuito (persoas empadroadas)
Data límite para anotarse: 27 de novembro de 2025
Lugar para a recollida de entradas: Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982559109/677489457)