-
CENTRAL DE ATENCIÓN Á SOIDADE NON DESEXADA2025-11-13 09:30:01Servicios Sociales
O Concello de Ourol informa que no marco da Estratexia Galega de Atención á Soidade Non Desexada, existen unha serie de medidas e recursos para que toda persoa que viva ou se sinta soa se saiba arroupada, viva onde viva, e sexan cales sexan as súas circunstancias persoais, sociais ou económicas. Un destos recursos é a Central de Atención á Soidade non Desexada, habilitada pola Xunta da man de Cruz Vermella, que funciona initerrompidamente para escoitar, acompañar e axudar a quen o precise. Trátase dun teléfono GRATUITO e CONFIDENCIAL no que sempre se atopa resposta e entendemento. Se o precisas chama ó 900 830 831.