• 2026-02-27 09:55:27
    Servicios Sociales

    O Concello de Ourol informa da posta en marcha dun Programa formativo gratuito organizado pola UNED sobre Intelixencia Artificial. Este programa consta de 6 CURSOS ( 25 horas cada un deles, 1 ECTS por curso) e un curso introductorio adicional sobre competencias dixitais (tamén 1 ECTS). En total, 150 horas de formación (6 ECTS)
    DESTINATARIAS: Mulleres residentes en zonas rurais de risco de despoboación en España.
    OBXECTIVO XERAL: Capacitar ás mulleres do ámbito rural no uso ético, práctico e estratéxico da Intelixencia Artificial Xenerativa (IA-G), fortalecendo as súas competencias dixitais para a mellora de empregabilidade, o emprendemento e a participación activa na transformación dixital das súas comunidades. 
    REQUISITOS: Dispor dos recursos tecnolóxicos básicos: ordenador e conexión a internet. Non se requiren coñecementos previos. Recoméndase que aquelas mulleres con coñecementos dixitais limitados, realicen previamente o módulo de competencias dixitais. 
    CALENDARIO ACADÉMICO: 
    Apertura: 15 de setembro de 2026
    Peche: 15 de xaneiro de 2027
    Para máis información e consultas:
    mail:  mujerrural.iahu@edu.uned.es
    facebook: Mujeres Rurales frente a la IA Generativa-Mujer Rural
    Instagram: @mujerruralia