• 2026-03-13 09:52:22
    Emprego


    A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude acaba de abrir a convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2026.

    PERSOAS DESTINATARIAS:

    Persoas maiores de 16 anos ou que os fagan no ano natural de convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

    DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS:

    As probas dos distintos niveis Celga terán lugar entre a segunda quincena de maio e a primeira de xuño de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

    As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.

    LOCALIDADES:

    Santiago de Compostela (Celga 1, Celga 2, Celga 3, Celga 4)

    Ponferrada  (Celga 2, Celga 3, Celga 4)

    Madrid  (Celga 2, Celga 3, Celga 4)

     As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

    PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 8 de abril de 2026. 

    As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente.

    INFORMACIÓN:

    -         Resolución do 6 de marzo de 2026 da Secretaría Xeral da Lingua (DOG nº 49 de 13 de marzo de 2026).