• 2026-04-24 10:47:39
    Servicios Sociales


    Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, estase a organizar un Curso de Mobilizacións e Coidados a Persoas Dependentes, dirixido tanto a profesionais como a coidadores/as familiares.

    O obxectivo desta formación é proporcionar habilidades e estratexias prácticas para a correcta realización de mobilizacións, transferencias, cambios posturais e hixiene postural, contribuíndo así a mellorar o coidado das persoas dependentes e previr lesións nas persoas coidadoras. Para esta formacion contaremos cunha profesional Fisioterapeuta do SERGAS.

    📍 Lugar: Edificio Multiusos do Concello de Ourol
    📅 Data: Xoves, 7 de maio de 2026
    🕓 Hora: 16:30 h

    📝 Inscricións:
    • No Departamento de Servizos Sociais
    • Chamando aos teléfonos: 982 55 91 09 / 677 48 94 57
    • A través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns: https://escolasaude.sergas.es/Contidos/Cursos-presenciais

    Animámosvos a participar nesta actividade formativa de gran utilidade para o día a día!