• 2026-04-27 15:01:27
    Emprego


    Están expostas as bases de selección do director/a, persoal docente, administrador/a  e alumnos/as traballadores do obradoiro dual de emprego Terras do Sor VIII que comezará a funcionar nos próximos días e que agrupa os concellos de Muras, Ourol e O Vicedo.

    Os postos convocados son:

    -          1 director do obradoiro

    -          1 monitor/a de carpintaría de madeira

    -          1 monitor/a de actividades auxiliares en conservación e mellora do monte

    -          1 administrador/a a media xornada

    -          4 alumnos/as traballadores para o Concello de Ourol (especialidade Traballos de carpintería e moble e Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintaría e moble)

    Selección: A selección de todos estos postos será os seguintes días no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de O Vicedo e co seguinte horario :

    -          Alumnos traballadores da especialidade Traballos de carpintería e moble e Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintaría e moble: 11 de maio ás 10:00

    -          Director: 13 de maio ás 9:30 horas

    -          Administrador/a: 13 de maio ás 10:30 horas

    -          Monitor/a de actividades auxiliares en conservación e mellora do monte: 13 de maio ás 11:30 horas

    -          Monitor/a de carpintaría de madeira: 13 de maio ás 12:30 horas

    Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.

    As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es