• 2026-06-16 13:08:26
    Servicios Sociales


    📢 O CIM Móbil visitará o Concello de Ourol o vindeiro 29 de xuño.

    Esta unidade itinerante ofrecerá información, orientación e asesoramento gratuíto en materia de igualdade, prevención da violencia de xénero, recursos sociais e dereitos das mulleres.

    📍 Lugar: Detrás do Concello de Ourol
    📅 Data: 29 de xuño de 2026
    🕙 Horario: de 10:00 a 14:00 horas

    Animamos a toda a veciñanza a achegarse e coñecer os recursos e servizos que o Centro de Información á Muller pon á disposición da cidadanía.